Lalín Castellano  Galego  

Plácido

Led´a mand´eu

LAXEIRO décimo aniversario, Romea, 21 xullo de 2006

22/07/2006

******* Foto por xentileza de Marcos Míguez portada da Voz de Galicia *******

Ofrenda feita polo Alcalde de Lalín, a filla de Laxeiro, e o Delegado de Educación.
Plácido tocando a Muiñeira de Laxeiro, nos actos en memoria do Pintor, con motivo do décimo aniversario do seu pasamento.
Muiñeira de Laxeiro, foi composta por Plácido, ideada polo Alcade de Lalín falando con Laxeiro no museo os tres, con motivo dunha Bienal na que estaban tocando Os Xuncos. Plácido é gaiteiro fundador dos Xuncos, insuperable difusor do folclore na Comarca do Deza, onde aprende a tocar a moitas personas. Dirixeu e axudou a crear os grupos: Carballeira de Cercio, Os Trasnos de Doade, Roxedoiro de Palmou, Fontenova de Rodeiro, Airiños de Cruces, Gaiteiros da Pereiriña en Ansemil Martixe, Os Carkeixas de Silleda, Leda Mandeu de Santiso, Hnos. Villar de Lamela, Fatos Bartolomeu de Pontevedra. Con todos ten tocado en todo tipo de festas.
A muiñeira de Laxeiro é patrimonio do Concello de Lalín por doazón de Plácido. Estrease, en xullo de 1995, na festa de San Bieto de Xaxán polo grupo de gaitas Os Xuncos e a agrupación Outras Herbas. Laxeiro estaba invitado pero non poido vir por motivos de saúde, nunca a escoitou en vida. O 21 de xullo de 1996 Plácido acompaña ó finado Laxeiro ata a súa derradeira morada ó son das notas da muiñeira. O anuario da Deputación de Ourense fai referencia á Muiñeira. En outubro de 1997 a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense grava un disco compacto coa Muiñeira de Laxeiro.





http://lalin.cidadans.net/placido3/2006/07/22/laxeiro-decimo-aniversario-romea-21-xullo-de-2006/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aún no hay Comentarios para esta anotación...

Publicar un comentario

Puedes_realizar_comentarios_utilizando_tu_nombre_de_usuario_y_contraseña



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados