Plácido cos Carkeixas en Asturias
08/08/2006
ÓS MEUS AMIGOS "CARKEIXAS"
Entre soutos, cotos e vales, florecen as verdes carqueixas, que de tan noble arbusto, o Folk atribúese rendas. Doando o seu nome a un Grupo de historia e afamadas lendas.
Son os CARKEIXAS De Lamela, dos que estamos a falar, que dende o alba a aurora eles non deixan de tocar.
Toca Carkeixiñas toca, nunca deixes de tocar, que do son das túas gaitiñas hai moito que falar.
Toca Carkeixiñas toca, que as penas fuxan cos ventos, que non manquen as espiñas, que os corazóns fiquen contentos.
Que o ar que en vós se transforma, en melodías de beleza, faga que os vosos sóns, aleden os corazóns, e nos aparten das penas e das tristezas.
Como as carqueixas que en nós florezan alegrias de grandeza.
Que os nenos que hoxe xogan, forxen un camiño de futuro con firmeza, troquen as fatigas por descansos, que os sorrisos amaguen as penas.
Que o noso canto serva para dar vida, a esta vida nosa, que non é nosa, para que en nós se tranforme e repartamos entre todos, un pouco máis de vida da nosa VIDA.
Miguel de Hnos. Villar e AUSAMA. (Incansable empresario de Lamela, Silleda)