Plácido con Leda Mandeu
08/08/2006
Pranto de campás na distancia,
fende o vento a navalladas.
O luar extende flores brancas
sobre a axitación das augas
no leito dun rio de bágoas.
Sobre a escuridade, o resplandor dunha imaxe:
No colo da moza, o corpo do mozo desfaise.
Extínguese o seu alento,
polo seu peito aberto.
Polas mans da moza,
o sangue vaise verquendo.
O corazón arrincado,
latexa entre os seus dedos.
Falto de vida, esvaecendo,
o teu sangue quente
dun brillo vermello
as miñas mans vai poñendo.
Pecho os ollos e vexo,
a túa boca noutros beizos,
as túas mans nos seus cabelos.
O teu corazón entre os meus dedos.
Na outra man sosteño,
un puñal de ferro.
A proximidade da morte,
abre congostras no ceo.
A friaxe do metal,
esvara polo meu peito.
Libres voan as nosas almas,
á conquista do inferno.
Unidas polo negror impenetrable do eterno,
no que afogan doce badaladas.
hoxe, catorce de febreiro.
(A pega negra)