¿Canta xente le estes cadernos?
13/09/2007
Como pode apreciarse no gráfico adxunto os Cadernos Cidadáns de Lalín rexistraron durante o mes de agosto un importante aumento de tráfico con case 300 visitantes diferentes e máis de 450 visitas.
Dende a posta en marcha neste municipio da campaña "Un blog para cada cidadán" en xullo de 2006, o número de visitas ascende xa a 7.682 e as páxinas visitadas elévanse a 25.190.
Comentarios:
-
1. No grafico non pode apreciarse nada a non ser que teñas a vista dun moucho. Benvidas sexan as novas tecnoloxías e de paso a ver se somos quen de sabelas usar
Publicado por: As veces me "encrespo" | 23/09/2007 19:10:42