¿Canta xente le estes cadernos?
venres, 03 de agosto de 2007 11:21
Os Cadernos Cidadáns de Lalín durante o mes de xullo mantivéronse estables.
Segundo apréciase no gráfico 210 visitantes distintos realizaron 362 visitas e consultaron 1.362 páxinas nesta plataforma durante o mes pasado.
Dende o inicio da campaña "un blog para cada cidadán" en Lalín, en xullo do 2.006, o número de visitas ascende a 7.616 e a cantidade de visitantes distintos elévase a 3.130.
Curso de Verán
martes, 11 de xullo de 2006 10:06
Uns 100 alumnos e 24 poñentes partipan desde hoxe en Lalín nun curso de verán da USC sobre igualdade de oportunidades
EUROPA PRESS.-
O auditorio municipal de Lalín acolle desde hoxe e ata o venres o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) 'Novas fronteiras na igualdade de oportunidades. Axentes de socialización', no que participarán máis dun cento de alumnos e 24 poñentes.
A inauguración oficial do curso terá lugar a primeras horas da mañá coa presenza da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Carme Adán; a vicerrectora de Calidade e Planificación da Universidade de Santiago (USC), Mari Paz García; o director do Instituto de Ciencias da Educación, Miguel Ángel Santos; a concelleira de Igualdade de Lalín, Fe Cortizo; e o director de Caixanova para o Deza e Tabeirós-Terra de Montes, Javier Puertas.
Logo do acto inaugural, terá lugar a primeira conferencia a cargo de Javier Elzo, catedrático de Socioloxía da Universidade de Deusto, baixo o título de 'Socialización, xénero e familia'. As actividades matinais rematarán cunha mesa redonda sobre 'Familia, identidade e diversidade cultural', na que tomará parte Mar Lorenzo Moledo, profesora do Departamento de Teoría e Historia da Educación da USC.
Pola tarde, está previsto unha nova mesa redonda na que se analizará o tema 'Familia e igualdade de oportunidades', coa presenza de Germán Vargas, profesor do Departamento de Teoría e Historia da Educación da USC, e Raquel Seijo, educadora social do Centro Cívico Municipal de Labañou en A Coruña.
As actividades deste primeiro día do curso de verán rematarán coa conferencia de Rosa Cobo Bedia, profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña, sobre 'As mulleres e a socialización para o poder'.
Ao longo das seguintes xornadas, o curso de verán contará coa participación de Elisa Jato e Purificación Mayobre, directoras de diferentes másters en materia de igualdade que se celebran en Galicia. Ademais, haberá representación doutras universidades españolas, como a Complutense de Madrid, coa profesora Ángeles Espinosa; a Universidade de León, con Enrique J. Díez; a Universidade de Alcalá de Henares, con Iñaki Piñuel y Zabala; ou a Universide da Laguna, con Fernando Barragán.