COMO CAMBIOU O CONTO
xoves, 23 de novembro de 2006 17:01
Leo na prensa unha noticia sobor dun incidente na rúa. O parecer un concelleiro do BNG (Rafael Iglesias) chámou a grúa porque un coche impedíalle entrar no seu garaxe. E cando chegou a grúa e máis a policía, armouse unha tangana.
O concelleiro está no seu dereito de poder entrar no seu garaxe (só faltaba) e por suposto, de chamar a grúa se hai un coche atrancando a entrada. O que pasou despois só o saben os que estaban alí. Pero eu non vou a iso.
Sorprendeme a crítica do concelleiro ante o que él considera coma "pouca autoridade da policía local". E, moi molesto, pide explicacións.
Home, que un edil do BNG se queixe de que a Policía é pouco contundente nas súas actuacións, causa un pouco de estraneza. Sobor de todo, porque cando lle toca ós do BNG, os policías sempre se extralimitan no seu cometido.
Recorden vostedes a pantonima protagonizada por simpatizantes desta formación ¿nacionalista? da retirada da placa da calle General Franco. A pouco máis pasan por riba dos axentes, e ainda pretendían que a Policía lles aplaudise por ese xesto de "xustiza democrática".
Xa vedes que o conto cambiou moito. Agora na política negociase todo. E o que menos importa é a cor do partido político (porque as ideas xa se esgotaron fai tempo) con tal de obter rendas. E se son persoais, moito mellor.
Lembro tamén aqueles enfrontamentos nos plenos entre nacionalistas e populares. Qué tempos aqueles.
Agora os nacionalistas. Perdón, o voceiro do BNG só ataca a algúns concelleiros que ó mellor non fan ben o seu traballo, segundo o seu xefe (é decir, o alcalde).
Pero se o que está presente no pleno é o alcalde, entón aquelo é unha balsa de aceite. Que tenras esas imaxes de Crespo e Vilariño nas reunións con veciños ou con asociacións. Parecen Alcalde e Tenente de Alcalde.
E que claro, vai tí saber a estratexia electoral ou persoal do amigo Vilariño. Dende logo, nin os do BNG nin os do PP entenden este compadreo. Digo eu. Ó mellor sí o entenden, habería que preguntarlle a eles.
Pero bueno, xa falta menos para as municipais. E coma o pobo é soberano, veremos os resultados.
Eu, antes de que escomencen os análisis electorais xa anticipo aquí hoxe unha baixada importante do BNG e máis do PP. E por suposto, unha subida do PSOE.
E cuidado, non é porque o PSOE o esté facendo mellor. Pero alomenos defende o seu, plantexa propostas (ainda que algunhas non teñen nin pes nin cabeza) e aguanta a pinza (PP-BNG)en cada pleno.
E por outra banda, o voceiro do PSOE ten profesión e traballo dende fai moito tempo. Non ten que "baixarse os pantalóns" para conseguir un chollo, coma fixeron outros.
E dirán vostedes. Pero PSOE e BNG non son socios de Governo na Xunta de Galicia.
Pois sí. Pero sómente o son porque é a única oportunidade que teñen de ter o poder e manexar o cotarro.
E así de triste. Porque xa ben vostedes o que pasa en Lalín, por exemplo. Que non se poden ver diante.
AINDA NON TOPACHES O PUNTO G?
mércores, 11 de outubro de 2006 17:58
Mira tí por donde, tanto criticar a Superpiñeiro, a Jayoso, os horteras que vían a TVG, e de repente chegan os progres ó poder e o primeiro que fan e decapitar o nome do malchamado ente publico, para deixalo soio ca G.
Sí, agora xa non temos nin telegaita nin gaitas. Temos unha G
- E unha cuestion de imaxe, home. Ti non entendes un carallo. O conto é que coa nova imaxe corporativa, o ente gaña moitinísimo en modernidade. E coidado, non só e a imaxe corporativa. Hai que ver que modernos e modernas che lucen lucen agora os presentadores e presentadoras neses platós modernos
- Pois sigo sin enterarme
-A ver home. Os progres tiñan uns amigos que se dedican a esto da imaxe, do deseño, xa sabes. E home, unha vez que chegas, hai que acordarse dos amigos
- ¿E a programación?
-Moítísimo máis moderna. Onde vas a parar. Agora está Gayoso (antes era Jayoso) e un sinfín de novos e modernos profesionais que aportan un plus de creatividade e de modernidade que ríetete tí de CUATRO. A estos de G os deixan catro anos máis, e non coñece a televisión nin a nai que a pariu. Eses orixinais reportaxes con reporteiros a pé de noticia (algúns deles desfrazados con traxes negros e garabatas)
_Pero isos non eran os do CQC
- Qué queres decir, que a G (a nova G) está a copiar o que fan en Madrid. Ti estas parvo. Aquí Independenza informativa, cultural e de pensamento. E o que non esté de acordo, é un facha. Qué carallo. Que para eso mandan agora estos da esquerda. Hai que jodelos recordándolle tódolos días a Guerra Civil, A República, Os tercios de Flandes e as represións que sufriron os Celtas a máns do Ducados e do Winston americano.
- Home pois eu o interés informativo o partido de fútbol Euskadi-Cataluña do domingo, pois non acabo de topalo. O día anterior non xogou a selección galega de rugby un partido histórico cun equipo gabacho.
- I eso a quén lle importa home. Qué máis da. A G estivo no Cortizo ese día. Ainda me acordo agora. Tremendo despliegue de medios. cámaras, reporteiros, estrelas de Pratos Combinados ... Qué maravilla. Mesmo parecía unha retransmisión do Plus.
-Pero onde saiu todo iso que dis.
- O qué?
_ Pois o partido da selección galega de rugby.
_Iso é o de menos. O importante é que Galiza é unha nazon. As cousas son así, porque teñen que ser. E aquí paz e despois gloria. Iso é como si me preguntas como ardeu tanto monte este ano. Pois porque tiña de arder. Conspiración xudeo-masonica-fascista, e autra cousa
-Pois sigo sin entendelo.
- Porque eres do PP de toda vida. E non entendes que as eleccións, ainda que as perdemos os da esquerda, democráticamente somos os gañadores. E polo tanto a calle é nosa (como diría aquel presidente que tivo a Xunta .. como era ... Fraga Iribarne...)
_Pois si as cousas son así, pois serán así.
- Menos mal que ó final entendes como funciona isto.
-Agora pódoche decir que a reportaxe do partido de rugby puxérono o domingo, en horario de máxima audiencia (os nosos déitanse tarde) a unha e media da mañán. Ah .. e non me preguntes poola carallada de Serxio Pazos, que veu a rirse do partido este que organizaron os do PP de Lalín. Esa reportaxe estána montando para sacarlle máis miga o asunto. E sairá o vindeiro domingo, pero pola tardiña.
- Pero á que hora
- Qué máis che da. Ou que carallo vas facer o domingo. Pon a G para escoitar o parte, dormes a sesta con ela prendida e cando despertes da sesta, verá a Serxio Pazos escarallándose de risa do dichoso partido.
- Que vai ben, logo
- Claro que vai ben, ou non ves a G
A VOZ QUEDOU AFONICA
luns, 19 de xuño de 2006 12:48
O sábado celebrouse no Cortizo un campionato de futbol para nenos e nenas. Os que tivemos a sorte de pasar por alí disfrutamos dun grande espectáculo futbolístico, a marxe do resultado final. Centos de afeccionados de diferentes puntos de Galicia encheron as gradas e tamén os restaruantes de Lalín perante toda a xornada do sábado. No campo de herba artificial do Cortizo xogaron os partidos de benxamíns e alevíns.
No plano deportivo hai que destacar a calidade e comportamento deportivo dos rapaces (non así dalgúns adestradores e pais, coma sempre). Como torneo, estivo moi ben. Xogos para os rapaces, agasallos, futbol ..
Os nosos fixeron un digno papel. Metemos a tres equipos en semifinais. Dous deles caeron ante os campions (Celta e berrocans de ourense). Pero en xeral estivo moi ben organizado o torneo .
Nembargantes, os medios de comunicacion ¿locais? non se enteraron do que alí aconteceu. No Faro de Vigo unhas liñas cos gañadores e pouco máis (debía haber cousas moito máis importantes en deportes ese día no Deza i en Tabeirós).
E a Voz de Galicia quedou afónica. Non se enterou de nada. Sinal inequívoca de que os xornalistas están moito tempo sentados na silla e saen pouco a rúa. Porque o sábado se sairan a rúa, xa verían que había máis xente no pobo que habitualmente e o mellor ata se lles ocurriría preguntar de donde viña tanta xente.
E moi importante para este noso pobo que se fagan cousas para traer xente de fora (en honor a verdade, ata o de agora nada se fixo en deporte).
E resulta que cando se empezan a facer cousas, non se promocionan nos medios. Aquí algo falla.
Despois algún aprendiz de xornalista permítese a licencia de criticar iniciativas con maior ou menor éxito. E cando se fan as cousas, non se enteran.
E a eles quen lle pide responsabilidades ?
A PENEIRA
mércores, 31 de maio de 2006 17:49
O programa A Peneira na televisión local voltou, unha vez máis, a ser referente da actualidade.
Parece mentira que a ningún xornalistas de La Voz de Galicia nin de Faro de Vigo (xornais que máis se len por aquí) se lle ocurrera antes preguntarlle o promotor do Multiusos polo proxecto do tan cacareado Multiusos, ou por outras cuestións de actualidade, como a posible lista pantasma liderada polo defenestrado Cuiña, entre outras cousas. Pois así foi. Na peneira pudemos escoitar respostas concretas a temas de verdadeira actualidade de boca dunha voz autorizada.
Sobor do multiusos penso que a resposta do alcalde, e agora concelleiro da cousa do deporte, pechou o absurdo debate de eternos aspirantes a tertulianos da tele local. Según Crespo vai ser un edificio para deporte, básicamente. Xa me quedo máis tranquilo. Escoitando a algún visionario deste povo, un chegou a imaxinar o Balonmán Lalín esperando a que sairan os cabalos ou as vacas do multiusos para xogarse o ascenso a División de Honor. Pero finalmente parece que non vai ser así.
Sobor da lista pantasma, e moi a meu pesar, teñor que felicitar o señor alcalde polas suas respostas. Diplomático pero contundente. Avisando da tormenta que lle pode caer encima ó tigre de Filgueira (agora convertido en gatiño) en caso de resucitar na política.
Felicitacións para os que fan a Peneira.
+ ver máis >>