GALA DO DEPORTE
venres, 26 de maio de 2006 11:37
Onte celebrouse a Gala do Deporte que organizan os rapaces de Radio Lalín. Cheo ata a bandeira. Un sinal inequívoco de que o evento ben merece outro formato e outra ubicación onde a xente poida estar cómodamente.
Outra cousa que quedou clara é que os que decidiron os premios deste ano tiveron que facer un esforzo importante para que algunha categoría non quedara deserta.
O deporte local é o que é. Non hai para máis, de momento. E polo tanto, os premiados nalgunhas categorías son sempre os mesmos. Ralli do Cocido, Portadeza Lalín e Escola de Fútbol Lalín ...
Cicais este ano notóuse a ausencia do clube de natación nos premios importantes.
Persoalmente parecéume moi acertado o premio a Román Blanco, polo mérito deste ano e tamén pola sua traxectoria deportiva como grande capitán do C.D. Lalín.
O dito, a Gala merece outro escenario e outro tipo de espectáculo para os nosos deportistas. Sen chegar o folclóre da Gala do Cocido, evidentemente. Pero sí un cambio para estar a altura da resposta popular, que cada ano é máis importante.
E como calquer evento que se precie, non faltaron os berros de "multiusos, multiusos ... oé, oé, oé ...."
Foi o punto folclórico.
O MULTIUSOS
luns, 22 de maio de 2006 18:35
O multiusos converteuse, dende hai tempo, no debate preferido de moitos cidadáns. O conto é que todo dios fala do dichoso multiusos, menos a persoa que coñece o proxecto. Tertulianos na peneira opinan do descoñecido sen ruborizarse. O PSOE presentou o seu proxecto, pero como non se vai levar a cabo, tamén fala do outro. E o BNG, pois na sua liña. Falar mal de todo os sábados para que saia na prensa o domingo, que é cando se len máis os xornais. Sobor de todo no Faro de Vigo, que é canle oficial do show da fin de semana.
E no pavillón, cada vez que hai partido, volta a pedir o dichoso multiusos. O domingo estiven no partido do sector infantil que enfrontaba o Maristas de León e os nosos rapaces. Os de León parecían doutra galaxia.I eso que non teñen multiusos. Adestran na pista do seu colexio, ou donde poden.
Por eso que para formar os rapaces fan falla outras cousas. I con esto no quero quitar mérito os nosos rapaces. Que teñen moito e moi merecido, polo seu traballo o longo da tempada. Chegar ahí xa é un grande premio. O resultado é o de menos nestas categorías.
O rematar o partido, berros de multiusos xa. Coma se cando teñamos multiusos, vaian a sair xogadores de primeiro nivel coma churros. E o máis triste de todo,moitos dos que berraban o domingo no pavillon pertecen o clube balonmán lalín. A maioría non gañou nada, nin gañará nada. Porque unha cousa é o deporte e outra e facer política. Non se pode estar a todo.
¿Fai falla realmente un multiusos? Depende de cómo se faga. A realidade é que agora mesmo as instalacións quedaron obsoletas, están saturadas e fan falla outras novas.
Decían os tertulianos da peneira fai uns días que a ver como era posible que se fixera o multiusos se non hai cartos. Porque hai que ir a unha operación de crédito ou algo parecido. Que iso non era xestionar.
Entón que pasa. Que se unha familia precisa dunha vivenda en non ten cartos, tén que dormir na rúa. Non pode financiar a compra da sua vivenda.
A mín paréceme que se fai falla a instalación e non hai cartos, xestionar precisamente é buscar a fórmula para poder facélo e dar servizos os cidadáns.