COMO CAMBIOU O CONTO
xoves, 23 de novembro de 2006 17:01
Leo na prensa unha noticia sobor dun incidente na rúa. O parecer un concelleiro do BNG (Rafael Iglesias) chámou a grúa porque un coche impedíalle entrar no seu garaxe. E cando chegou a grúa e máis a policía, armouse unha tangana.
O concelleiro está no seu dereito de poder entrar no seu garaxe (só faltaba) e por suposto, de chamar a grúa se hai un coche atrancando a entrada. O que pasou despois só o saben os que estaban alí. Pero eu non vou a iso.
Sorprendeme a crítica do concelleiro ante o que él considera coma "pouca autoridade da policía local". E, moi molesto, pide explicacións.
Home, que un edil do BNG se queixe de que a Policía é pouco contundente nas súas actuacións, causa un pouco de estraneza. Sobor de todo, porque cando lle toca ós do BNG, os policías sempre se extralimitan no seu cometido.
Recorden vostedes a pantonima protagonizada por simpatizantes desta formación ¿nacionalista? da retirada da placa da calle General Franco. A pouco máis pasan por riba dos axentes, e ainda pretendían que a Policía lles aplaudise por ese xesto de "xustiza democrática".
Xa vedes que o conto cambiou moito. Agora na política negociase todo. E o que menos importa é a cor do partido político (porque as ideas xa se esgotaron fai tempo) con tal de obter rendas. E se son persoais, moito mellor.
Lembro tamén aqueles enfrontamentos nos plenos entre nacionalistas e populares. Qué tempos aqueles.
Agora os nacionalistas. Perdón, o voceiro do BNG só ataca a algúns concelleiros que ó mellor non fan ben o seu traballo, segundo o seu xefe (é decir, o alcalde).
Pero se o que está presente no pleno é o alcalde, entón aquelo é unha balsa de aceite. Que tenras esas imaxes de Crespo e Vilariño nas reunións con veciños ou con asociacións. Parecen Alcalde e Tenente de Alcalde.
E que claro, vai tí saber a estratexia electoral ou persoal do amigo Vilariño. Dende logo, nin os do BNG nin os do PP entenden este compadreo. Digo eu. Ó mellor sí o entenden, habería que preguntarlle a eles.
Pero bueno, xa falta menos para as municipais. E coma o pobo é soberano, veremos os resultados.
Eu, antes de que escomencen os análisis electorais xa anticipo aquí hoxe unha baixada importante do BNG e máis do PP. E por suposto, unha subida do PSOE.
E cuidado, non é porque o PSOE o esté facendo mellor. Pero alomenos defende o seu, plantexa propostas (ainda que algunhas non teñen nin pes nin cabeza) e aguanta a pinza (PP-BNG)en cada pleno.
E por outra banda, o voceiro do PSOE ten profesión e traballo dende fai moito tempo. Non ten que "baixarse os pantalóns" para conseguir un chollo, coma fixeron outros.
E dirán vostedes. Pero PSOE e BNG non son socios de Governo na Xunta de Galicia.
Pois sí. Pero sómente o son porque é a única oportunidade que teñen de ter o poder e manexar o cotarro.
E así de triste. Porque xa ben vostedes o que pasa en Lalín, por exemplo. Que non se poden ver diante.
+ ver máis >>
Comentarios
-
NON LLE FALTA RAZON A XIAEIRO EN CANTO A COMPADREO PP-BNG.
EN CANTO A RAFAEL IGLESIAS E O ASUNTO DO GARAXE ¿COÑECEN A O DONO DO CARRO QUE IMPEDIA SAIR? TEN TAREA O HOME UFF
XONCAS - 27/11, 19:53
-
Boas!
En referencia ó comentario que fas sobre a retirada da placa de franco, gostariame facer duas pequenas puntualizacións:
1º que os que acudimos a convocatoria non eramos "simpatizantes do BNG".. mais ben se queres poñer unha etiqueta di que eramos "simpatizantes da Asociación Cultural "O Naranxo"... non cometas o erro de pensar que "O Naranxo" ten relación co BNG local ( a pouco que penses do tema, decataraste que o BNG de lalin na epoca vilariño, nunca apoiou en nada a "O naranxo" e ademais de todos é coñecida a tirria que lle ten Vilariño a Manolo Gas, e sobre todo a KG, por non decir á cultura en xeral )
2ª foi unha magoa que cando estaban sacando a placa aparecera o municipal.. o plan era sacar a placa e ir correndo ó xulgado para que os que estaban nunha lista con DNI e nome e firma, se autoinculparan do delito (fixate que digo delito e non acción patriotica nin parvadas semellantes). Cando apareceu o municipal, mostrouselle a lista, falouse con el, el tentou impedilo (por algo é municipal.. ten que impedir ó delito), e como se veu sobrepasado polas circunstancias, so pudo pedir reforzos, que cando chegaron, xa era tarde e todos estabamos no xulgado. En ningun momento existu unha liorta, nin siquera un insulto a labor do municipal...
mais nada!!
anonimo - 04/03, 18:37