Castellano Galego
Onte celebrouse a Gala do Deporte que organizan os rapaces de Radio Lalín. Cheo ata a bandeira. Un sinal inequívoco de que o evento ben merece outro formato e outra ubicación onde a xente poida estar cómodamente.
Outra cousa que quedou clara é que os que decidiron os premios deste ano tiveron que facer un esforzo importante para que algunha categoría non quedara deserta.
O deporte local é o que é. Non hai para máis, de momento. E polo tanto, os premiados nalgunhas categorías son sempre os mesmos. Ralli do Cocido, Portadeza Lalín e Escola de Fútbol Lalín ...
Cicais este ano notóuse a ausencia do clube de natación nos premios importantes.
Persoalmente parecéume moi acertado o premio a Román Blanco, polo mérito deste ano e tamén pola sua traxectoria deportiva como grande capitán do C.D. Lalín.
O dito, a Gala merece outro escenario e outro tipo de espectáculo para os nosos deportistas. Sen chegar o folclóre da Gala do Cocido, evidentemente. Pero sí un cambio para estar a altura da resposta popular, que cada ano é máis importante.
E como calquer evento que se precie, non faltaron os berros de "multiusos, multiusos ... oé, oé, oé ...."
Foi o punto folclórico.
1. Alguen pensou no trofeo a toda unha vida.propoño de Gañador a montoto
2. Imaxino que te referiras a Xabier Montoto. Paréceme unha proposta acertada. Ainda que poderíamos facer unha lista máis longa:
Geni, César Reboredo, Ignacio Chamorro, Manolo Pedreira ....