Lalín Castellano  Galego  

XIAREIRO

PRENSA LIBRE

O MULTIUSOS

22/05/2006

O multiusos converteuse, dende hai tempo, no debate preferido de moitos cidadáns. O conto é que todo dios fala do dichoso multiusos, menos a persoa que coñece o proxecto. Tertulianos na peneira opinan do descoñecido sen ruborizarse. O PSOE presentou o seu proxecto, pero como non se vai levar a cabo, tamén fala do outro. E o BNG, pois na sua liña. Falar mal de todo os sábados para que saia na prensa o domingo, que é cando se len máis os xornais. Sobor de todo no Faro de Vigo, que é canle oficial do show da fin de semana.
E no pavillón, cada vez que hai partido, volta a pedir o dichoso multiusos. O domingo estiven no partido do sector infantil que enfrontaba o Maristas de León e os nosos rapaces. Os de León parecían doutra galaxia.I eso que non teñen multiusos. Adestran na pista do seu colexio, ou donde poden.
Por eso que para formar os rapaces fan falla outras cousas. I con esto no quero quitar mérito os nosos rapaces. Que teñen moito e moi merecido, polo seu traballo o longo da tempada. Chegar ahí xa é un grande premio. O resultado é o de menos nestas categorías.
O rematar o partido, berros de multiusos xa. Coma se cando teñamos multiusos, vaian a sair xogadores de primeiro nivel coma churros. E o máis triste de todo,moitos dos que berraban o domingo no pavillon pertecen o clube balonmán lalín. A maioría non gañou nada, nin gañará nada. Porque unha cousa é o deporte e outra e facer política. Non se pode estar a todo.

¿Fai falla realmente un multiusos? Depende de cómo se faga. A realidade é que agora mesmo as instalacións quedaron obsoletas, están saturadas e fan falla outras novas.

Decían os tertulianos da peneira fai uns días que a ver como era posible que se fixera o multiusos se non hai cartos. Porque hai que ir a unha operación de crédito ou algo parecido. Que iso non era xestionar.

Entón que pasa. Que se unha familia precisa dunha vivenda en non ten cartos, tén que dormir na rúa. Non pode financiar a compra da sua vivenda.

A mín paréceme que se fai falla a instalación e non hai cartos, xestionar precisamente é buscar a fórmula para poder facélo e dar servizos os cidadáns.

http://lalin.cidadans.net/XIAREIRO/2006/05/22/o-multiusos/
2 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. vaia, por fin vexo un razoamento claro sobre o tema xa tan sobado do multiusos. eu tamén estiven no pavillón o domingo e tamén vin a gran diferencia do equipo dos maristas cos de lalín. i é verdade que os maristas entrenan nun pavillón de colexio, pasando frío no inverno, pero ano tras ano dende hai décadas sacan equipos competitivos nas categorías base. un multiusos non garantiza para nada éxitos deportivos. se cadra crespo equivocóuse prometendo un multiusos, e o que tiña que facer é mellorar o que hai, pero opino que tampouco é para estar constantemente co asunto en portadas e tertulias. si ven o multiusos, ben, en si non hai cartos para él, pois tampouco deixaréi de ir ver partidos de balonmán no vello pavillón.

    Publicado por: aquí estou | 22/05/2006 21:18:13
  • 2. Totalmente de acuerdo contigo. A ver si de una vez se piran una serie de energúmenos indeseables que se pasean por el pueblo como si fueran más importantes que los demás y lo único que son es unos intolerantes, borregos y cerrados. A veces me avergüenzo de la gente de mi pueblo...

    Publicado por: uno más | 05/10/2006 12:06:18

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados