Cadernos Cidadáns Lalín.Cidadáns.netConcello de LalínEuropaPress.NET

Cadernos Cidadáns

Galego | Castellano

XIAREIRO

PRENSA LIBRE

A VOZ QUEDOU AFONICA

luns, 19 de xuño de 2006 12:48

O sábado celebrouse no Cortizo un campionato de futbol para nenos e nenas. Os que tivemos a sorte de pasar por alí disfrutamos dun grande espectáculo futbolístico, a marxe do resultado final. Centos de afeccionados de diferentes puntos de Galicia encheron as gradas e tamén os restaruantes de Lalín perante toda a xornada do sábado. No campo de herba artificial do Cortizo xogaron os partidos de benxamíns e alevíns.
No plano deportivo hai que destacar a calidade e comportamento deportivo dos rapaces (non así dalgúns adestradores e pais, coma sempre). Como torneo, estivo moi ben. Xogos para os rapaces, agasallos, futbol ..
Os nosos fixeron un digno papel. Metemos a tres equipos en semifinais. Dous deles caeron ante os campions (Celta e berrocans de ourense). Pero en xeral estivo moi ben organizado o torneo .

Nembargantes, os medios de comunicacion ¿locais? non se enteraron do que alí aconteceu. No Faro de Vigo unhas liñas cos gañadores e pouco máis (debía haber cousas moito máis importantes en deportes ese día no Deza i en Tabeirós).

E a Voz de Galicia quedou afónica. Non se enterou de nada. Sinal inequívoca de que os xornalistas están moito tempo sentados na silla e saen pouco a rúa. Porque o sábado se sairan a rúa, xa verían que había máis xente no pobo que habitualmente e o mellor ata se lles ocurriría preguntar de donde viña tanta xente.

E moi importante para este noso pobo que se fagan cousas para traer xente de fora (en honor a verdade, ata o de agora nada se fixo en deporte).

E resulta que cando se empezan a facer cousas, non se promocionan nos medios. Aquí algo falla.

Despois algún aprendiz de xornalista permítese a licencia de criticar iniciativas con maior ou menor éxito. E cando se fan as cousas, non se enteran.

E a eles quen lle pide responsabilidades ?

http://lalin.cidadans.net/XIAREIRO/1532
4 Comentarios  -  Envía o teu comentario

+ ver máis >>

Comentarios

  • Pois esta fin de semana creo que hai outra cita, pero no pavillón

    deportista - 20/06, 12:58
  • pois xa era hora de que se organizasen cousas no deporte de Lalín, e sobre todo felicidades a O Xiareiro pois xa era hora de que alguen empezase a "informar-opinar" dos nosos periodistas ???.... locais, sobre todo os escritos moita universidade... pero aqui dalle mil voltas a tele local, e acordense de cando comezou, jeje... o dito enhoraboa para os organizadores do torneo de futbol e tamén para o de balonmano, que deixou sin plazas libres os hoteis da zona e tampouco se enteraron os da prensa escrita, claro as plazas dos opositores da Semana Verde ten máis envergadura... de tarifa non??

    empresaria - 06/07, 19:44
  • empresaria, nótaseche algo de xenreira contra a prensa escrita local. ¿Por algún motivo concreto?

    deportista - 12/07, 04:02
  • hola..soy Manuel Janeiro..natural de Beariz(Ourense)..llevo años rsidiendo en México..donde patrocino eventos de Rodeo Americano(Toro Caballo)..quisiera hacer lo mismo ahi pero ahora que estuve no vi nada..¿donde puedo dejar mensajes para buscar gente interesada ? y hacer escuela de jinetes ahi..y organizar eventos..gracias un saludo Manuel Janeiro mgjanlam@hotmail.com

    Rodeo Americano?? - 01/08, 20:07

Envía o teu comentario


 
 
 
Copie el código que aparece en la imagen.
 Condicións de publicación de comentarios
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados