Cadernos Cidadáns Lalín.Cidadáns.netConcello de LalínEuropaPress.NET

Cadernos Cidadáns

Galego | Castellano

XIAREIRO

PRENSA LIBRE

A PENEIRA

mércores, 31 de maio de 2006 17:49

O programa A Peneira na televisión local voltou, unha vez máis, a ser referente da actualidade.

Parece mentira que a ningún xornalistas de La Voz de Galicia nin de Faro de Vigo (xornais que máis se len por aquí) se lle ocurrera antes preguntarlle o promotor do Multiusos polo proxecto do tan cacareado Multiusos, ou por outras cuestións de actualidade, como a posible lista pantasma liderada polo defenestrado Cuiña, entre outras cousas. Pois así foi. Na peneira pudemos escoitar respostas concretas a temas de verdadeira actualidade de boca dunha voz autorizada.

Sobor do multiusos penso que a resposta do alcalde, e agora concelleiro da cousa do deporte, pechou o absurdo debate de eternos aspirantes a tertulianos da tele local. Según Crespo vai ser un edificio para deporte, básicamente. Xa me quedo máis tranquilo. Escoitando a algún visionario deste povo, un chegou a imaxinar o Balonmán Lalín esperando a que sairan os cabalos ou as vacas do multiusos para xogarse o ascenso a División de Honor. Pero finalmente parece que non vai ser así.

Sobor da lista pantasma, e moi a meu pesar, teñor que felicitar o señor alcalde polas suas respostas. Diplomático pero contundente. Avisando da tormenta que lle pode caer encima ó tigre de Filgueira (agora convertido en gatiño) en caso de resucitar na política.

Felicitacións para os que fan a Peneira.

http://lalin.cidadans.net/XIAREIRO/1002
1 Comentarios  -  Envía o teu comentario

+ ver máis >>

Comentarios

  • felicidades tamén a Xosé Crespo.demostrou que hai alcalde.

    anonimo - 01/06, 17:05

Envía o teu comentario


 
 
 
Copie el código que aparece en la imagen.
 Condicións de publicación de comentarios
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados