Lalín Castellano  Galego  

Soños na madrugada

Cando as vagoas da noite esvaran polas tuas meixelas

Xa sei por que me gustas.

18/05/2006

Comprendín que non é a tua pel.

No medio dun sono souben que o teu corpo non é o que me tolea.

As luces do sol lembráronme ese pelo brincadeiro pero tampouco foi quen me engaiolou.

Caendo a noite Venus díxome dos teus ollos, andibo preto, pero non era tal.

No regato, axexando a auga, pensei nas tuas pernas, e aquela leira de erva verde trouxome o recordo do teu ventre.

Nin pensei nos teus peitos e somentes as tuas mans estiveron a trabucarme.

Nengún deles, e todos, me fan pensar en ti.

Somentes, agochado e esquivo, chegou o teu sorriso pra namorarme.

http://lalin.cidadans.net/EstrelaDaMana/2006/05/18/xa-sei-por-que-me-gustas/
2 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Noraboa. Son oafiador e pensei que ninguén máis se ía animar a crear o seu blog. A partires de agora tes un fiel seguidor e incluso poida que me anime a compartir no teu blog a miña creatividade literaria

    Publicado por: oafiador | 18/05/2006 11:58:08
  • 2. Parabén! Qué relato máis fermoso!

    Publicado por: Merche | 18/05/2006 12:41:38

Publicar un comentario

Puedes_realizar_comentarios_utilizando_tu_nombre_de_usuario_y_contraseña



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados