Cadernos Cidadáns Lalín.Cidadáns.netConcello de LalínEuropaPress.NET

Cadernos Cidadáns

Galego | Castellano

Soños na madrugada

Cando as vagoas da noite esvaran polas tuas meixelas

Xa sei por que me gustas.

xoves, 18 de maio de 2006 5:18
EstrelaDaMana: Xa sei por que me gustas.

Comprendín que non é a tua pel.

No medio dun sono souben que o teu corpo non é o que me tolea.

As luces do sol lembráronme ese pelo brincadeiro pero tampouco foi quen me engaiolou.

Caendo a noite Venus díxome dos teus ollos, andibo preto, pero non era tal.

No regato, axexando a auga, pensei nas tuas pernas, e aquela leira de erva verde trouxome o recordo do teu ventre.

Nin pensei nos teus peitos e somentes as tuas mans estiveron a trabucarme.

Nengún deles, e todos, me fan pensar en ti.

Somentes, agochado e esquivo, chegou o teu sorriso pra namorarme.

http://lalin.cidadans.net/EstrelaDaMana/580
2 Comentarios  -  Envía o teu comentario

+ ver máis >>

Comentarios

  • Noraboa. Son oafiador e pensei que ninguén máis se ía animar a crear o seu blog. A partires de agora tes un fiel seguidor e incluso poida que me anime a compartir no teu blog a miña creatividade literaria

    oafiador - 18/05, 11:58
  • Parabén! Qué relato máis fermoso!

    Merche - 18/05, 12:41

Envía o teu comentario


 
 
 
Copie el código que aparece en la imagen.
 Condicións de publicación de comentarios
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados