Lalín Castellano  Galego  

Soños na madrugada

Cando as vagoas da noite esvaran polas tuas meixelas

¿Cantas veces...?

20/05/2006

Fíxenme esa pregunta con demasiada frecuencia, en infinidade de momentos na vida e xamais fun capaz de resolvela. Mirando ó redor, observando o que pasaba día a día, nengunha frase alcanzou a respondela. Preguntei moitas veces, unhas con palabras, outras coa mirada, pero non foron quen, ou non quixeron, espantar a miña dubida aqueles enquisados cun tema sinxelo e perigoso.

Hoxe, os anos e a experiencia empezan a pasar, descúbrome xa demasiadas horas pensando nos recordos e as miñas pernas encamíñanse sempre coa firmeza que da o saber.

Xa non tremo, podo alterarme e apretárseme o corazón, pero xa o medo non se fai dono de min. Pasaron os lustros e os días, deron voltas as horas e as sensacións deixando aquela pregunta no ar.

Quizais alguén... Non o sei, non creo que a adiviña se resolva.

Seguirei impresionandome de min mesmo mentres penso: ¿Cantas veces es capaz de namorarte?.

http://lalin.cidadans.net/EstrelaDaMana/2006/05/20/cantas-veces/
2 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Así da gusto, ver xente que move este blog

    Publicado por: Anónimo | 22/05/2006 08:43:58
  • 2. Sempre ata que teñas un pouco de alento.

    Publicado por: ANÓNIMO | 04/07/2006 08:17:17

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados